O Teleclube 03×09: «Hamnet»

‘O Teleclube’ sométese a ‘Hamnet’, a película que ten a todo o mundo chorando mares

Chloé Zhao adapta o exitoso libro de Maggie O’Farrell sobre a vida da muller de Shakespeare, Agnes, e os seus fillos.

Despois de gañar un Oscar por ‘Nomadland’ e facer unha película de Marvel con ‘Os Eternals’, Chloé Zhao xúntase co productor Steven Spielberg e a autora Maggie O´Farrell e presenta unha película sobre o dó despois da perda dun fillo, e como a arte pode servir para precesalo e transformalo en algo catártico.

A alucinante Jessie Buckley é Agnes, unha curandeira espiritual e mística que fuxe das expectativas da sociedade. Casa cun novo William Shakespeare (Paul Mescal) e teñen unha familia pequena que será marcada pola traxedia.

Sairemos conmovidas por esta historia de amor e dor ou proclamaremos manipulación emocional como algúns críticos están facendo?

Escóitanos para averigualo!

🧐 E lembra que se queres enterarte das novidades, podes seguirnos na nosa conta de Instagram, @oteleclube 💜. E non dubides en escoitar os episodios anteriores en Spotify, iVoox e na web de O Salto Galiza.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

doce + doce =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Ir al contenido