‘O Teleclube’ pasa unha ‘Amarga Navidad’ con Pedro Almodóvar.
O director manchego estrea a que podería ser a súa obra máis meta. No novo melodrama colorido de Almodóvar, Raul Durán (Leonardo Sbaraglia), un famoso director que está tendo un bloqueo creativo, empeza escribir un guión protagonizado por Elsa (Bárbara Lennie), unha directora de culto que padece de migrañas e ataques de pánico.
Neste filme, Almodóvar xoga coa autoficción e reflexiona sobre a ética de usar as historias da xente cercana ao artista.
Escóitanos para saber se pensamos que está á altura das mellores películas do seu director.
E lembra que se queres enterarte das novidades, podes seguirnos na nosa conta de Instagram, @oteleclube . E non dubides en escoitar os episodios anteriores en Spotify, iVoox e na web de O Salto Galiza.
Podcast: Reproducir en una nueva ventana | Descargar
