Os coidados familiares de ‘Eu non morrerei de amor’ protagonizan o novo episodio de ‘O Teleclube’.
O debut de Marta Matute é unha obra profundamente persoal baseada na experiencia da súa familia.
Marta Matute é a nova incorporación á cada vez máis longa lista de novas directoras do estado español que realizan íntimos dramas familiares. O seu filme retrata como unha adolescente e a súa familia viven a enfermedade de Alzheimer da matriarca da casa.
Gañadora da Biznaga de Ouro e outros dous premios máis no festival de Málaga, Matute e o cuarteto de actores, Júlia Mascort, Sonia Almarcha, Tomás del Estal e Laura Weissmahr aterran en cines cunha forza sutilmente emocionante. Escoita o episodio para ver que nos pareceu. Tamén en Ivoox.
Veste con nós a unha nova sesión de cine?
E lembra que se queres enterarte das novidades, podes seguirnos na nosa conta de Instagram, @oteleclube . E non dubides en escoitar os episodios anteriores en Spotify, iVoox e na web de O Salto Galiza.
Podcast: Reproducir en una nueva ventana | Descargar
