O Teleclube 04×02: «Naza»

‘O Teleclube’ horrorízase coas testemuñas do documental ‘Naza’

Os directores Yuval Abraham e Rachel Szor entrevistan a axentes de intelixencia israelíes que contan, cunha frialdade mecánica, como bombardean á poboación gazatí. O título, Naza, fai referencia a un termo hebreo que designa o dano colateral humano dun ataque contra un obxectivo.

Gravada de noite nos terrados de Tel Aviv, Naza revela a crueldade de Israel a través dos testemuños das propias persoas que forman parte do sistema. Aparecen co rostro tapado e coa voz modificada dixitalmente para protexer a súa identidade.

Abraham e Szor enfróntanse á ira do seu goberno, que ameaza con retirarlles o pasaporte israelí por sacaren á luz as historias arrepiantes das persoas que, coa axuda da intelixencia artificial, están a levar a cabo unha nova forma de xenocidio tecnolóxico.

Naza é unha película esencial para reflexionar sobre os novos horrores do mundo actual.

Se queres estar ao tanto das novidades, podes seguirnos na nosa conta de Instagram, @oteleclube . E non dubides en escoitar os episodios anteriores en Spotify, iVoox e na web d’O Salto Galiza

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

nueve + 4 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Ir al contenido